Nun artículo de Miquel de Moragas titulado Internet: Facilidades tecnológicas, dificultades de comunicación, puiden comprobar que a pesares de que internet constitúe a nosa principal fonte de información, todavía existen problemas á hora de achegarnos á Rede. Moragas reflexiona sobre que, aínda que as facilidades para entrar no mundo de internet son moitas, o medio está perdendo a esencia do seu principal obxectivo: informar.
Moragas distingue as dificultades de acceso ás tecnoloxías: hai grandes desigualdades de acceso a internet a escala mundial. As grandes potencias utilizan a Rede como o seu patrimonio, dificultando moitas veces a chegada doutras. Para elas, a sociedade da información tórnase en sociedade tecnolóxica, e a Rede en algo a colonizar -polo que destrúen o seu principal obxectivo: dar información.
Por outra banda, existen aínda dificultades culturais, sociais e comunicativas. A nivel de lenguaxe, hai dominios moi longos e irrecordables, enlaces que non funcionan e demasiadas imaxes animadas. A nivel social e cultural hai restriccións -sobre todo económicas- no acceso a certo tipo de informacións; a interactividade e a hiperactividade informativa non equivalen a máis información, e esa e unha idea xeralizada.
Por último, tamén hai dificultades tecnolóxicas, tanto nos software coma nos hardware. Hai delimitado un tempo de acceso, lentitude e moitos riscos de interrupción.
E a miña pregunta é: poderán superarse algún día estas barreiras ou chegará o día no que xa estaremos acostumados a elas?
Estiven repasando ata hoxe a bitácora. E das seis que teñen que facer este esforzo, hai algunha persoa que non está colaborando tal como se fixo inicialmente. Imaxino que non fai falta mencionar nomes.
ResponderEliminarmarotlo