Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 7 de mayo de 2009

O novo libro electrónico


Amazon acaba de presentar unha nova versión do seu "libro electrónico", o Kindle DX. A empresa, que porá á venda o aparato en Estados Unidos nos próximos meses, asinou un acordo de colaboración con xornais e universidades norteamericanas, que iniciarán programas experimentais.
A diferenza fundamental co anterior modelo é o incremento do espazo (pasa a ser de algo máis de 3 gigas) e as súas dimensións. No canto de diminuír de tamaño como cabería de esperar, o Kindle DX será máis grande (aproximadamente como un DIN A4), debido a que está pensado para a lectura de libros de texto e xornais.
O fundador de Amazon subliñou na presentación que se trata dunha tecnoloxía orientada á ensinanza e comunicación. Pero ante todo isto a min súrxeme a dúbida de se en realidade se trata dun luxo ó alcance de todos (sairá ó mercado cun prezo de 368€) e se alcanzará unha implantación real na sociedade. ¿Vos que pensades? Un saúdo.

2 comentarios:

  1. Creo que para fins educativos pode ser útil, pero para lectura como mero entretemento semella pouco práctico.

    ResponderEliminar
  2. Supongo que es un primer paso hacia una especie de soporte común que integre más servicios. Me parece caro y un poco aparatoso. En unos añitos espero que portatil, móvil, mp4, cámara de fotos... se concentren en un solo elemento al que pueda acceder todo el mundo (vamos, que no sea caro).

    ResponderEliminar