miércoles, 24 de junio de 2009

A nova policía virtual do Pentágono

Boas tardes,

Está visto que neste mundo que nos tocou vivir a seguridade estase a converter nunha das principais preocupacións. Así o puiden comprobar esta mañá na páxina de tecnoloxía de El Mundo, na que informaban sobre a creación dun 'cibercomando' que se encargará de velar pola seguridade da sé do Departamento de Defensa dos Estados Unidos, o Pentágono.
O que de verdade semella estraño é que o edificio no que se custodian os arquivos máis importantes do mundo non dispuxera ata o de agora dun sistema de defensa contra os 'piratas' virtuais. Semanas atrás, Obama anunciara o futuro nomeamento dun 'zar' de internet para protexer os sistemas públicos e privados dos ataques, e agora parece que se fai efectivo.
Porén, esta 'hiperseguridade' virtual segue espertando en min bastantes reticencias: de verdade cren que será imposible que alguén poida acceder a eses documentos se así o desexase? Seguramente máis dun 'hacker' con moi malas intencións pode facer os estropicios que queira no departamento de defensa máis importante do mundo. Ao fin e ao cabo, a informática e internet invertáronos e desenvolvéronos eles...

Se queredes ver a noticia tédela aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario