jueves, 25 de junio de 2009

Alén das palabras












O outro día din cunha páxina moi curiosa: tratábase dun diccionario en Rede. Pero non era un diccionario calquera, era The Photographic Dictionary. Un conxunto de fotógrafos reuniuse co obxectivo de crear algo novidoso: colgan as súas instantáneas como algo que vale de por si para definir aos obxectos, estados ou seres vivos, e despois engádenlles un pequeno texto en inglés. Deste xeito tentan expresar o que para eles significa esa palabra. Nestas imaxes podemos ver os conceptos vello e familia. É, sen dúbida, unha gran iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario