Propoño cambiar o termo 'sociedade da información' por 'wikisociedade'. O motivo: a xente xa non só se informa (entendendo informarse por recibir unha noticia sobre algo). A creación do xornalismo cidadán pon máis de moda ca nunca o concepto da retroalimentación e as wikis son o seu sustento. Así que igual ese nome non lle quedaría tan desaxeitado.
Quizais si que sexa un nome axeitado para denominar o novo modelo de creación de información, no que todos participamos como cocreadores. A min ocórreseme tamén o de sociedade P2P, person to person, polo intercambio de material entre dous usuarios.Non sei que termo será o máis axeitado, o que está claro é que as cousas mudan tan rápido que case non dá tempo a poñerlles nome.
ResponderEliminarUn saúdo!
Penso que non estás moi desencamiñada con ese nome, aínda que o de Lu non está tampouco nada mal. A verdade é que cada vez son máis as persoas que empregan este tipo de medios para recibir, crear e intercambiar información, aínda que moitos de nós non souberamos da súa existencia ata fai pouco.
ResponderEliminar