viernes, 3 de abril de 2009

Analfabetos dixitais

Ola a todos,
Cando vin a entrada de Carolina sobre a "wikisociedade" decateime que hai un aspecto moi importante destes novos modelos que cómpre destacar, e é o feito de que non son en absoluto unha tendencia maioritaria. Existe unha inmensa parte da poboación que vive á marxe destes sistemas, sen que iso pareza causarlle ningún dano irreparable. Por non falar dos países do terceiro mundo, moi afastados do cambio tecnolóxico, no noso entorno existe un grupo amplísimo de xente que non pode participar das novas formas de comunicación interactivas. Son os malchamados "analfabetos dixitais", un termo que persoalmente non comparto e non me gusta empregar porque me parece tremendamente despectivo. Pois para eles o mundo de Internet é completamente descoñecido, están de costas ó ciberespacio. Seguen utilizando as maneiras tradicionais: len libros, non wikinovelas; cando queren saber algo consultan a Larousse; e para comunicarse utilizan o teléfono e as cartas. E non estou falando de extraterrestres con catro patas e cara verde. Falo, por exemplo, da miña avoa.

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Comparto contigo a idea de que o termo de "analfabeto dixital" acaba tendo connotacións negativas, que son innecesarias para referirse a aquelas persoas que non dominen estas ferramentas por diferentes motivos.

    O que si cando dis que por exemplo túa avoa sería unha analfabeta dixital (ó igual que a miña) para algúns teóricos, non só sería túa avoa unha analfabeta dixital, senón que eu por exemplo tamén sería toda unha analfabeta dixital, a pesar de botar man destas ferramentas, porque tamén se considerarían analfabetos dixitais "aqueles que non logran seguir o avance constante das novas tecnoloxías." E eu non considero, que poida seguir ese avance a pasos de xigante en tantos ámbitos do mundo dixital.(Nota: véxanse os problemas que tivemos algúns co flash!! sen entrar noutras aplicacións máis complexas)

    ResponderEliminar
  3. Persoalmente pareceme un termo realmente moi despectivo e inxusto. non penso que poida denominar así á xente por non saber ou incluso, en ocasións, non poder acceder ás novas tecnoloxías ou non entendelas como nos pasa a moitos de nós aínda hoxe, e eso que estamos moito máis familiarizados con elas. De feito, de ter que ser así, eu tamén sería unha analfabeta dixital pois non sei empregar moitos programas e aínda me queda moito para estar ó día das novas que xorden neste ámbito.

    ResponderEliminar