-Páxina "la loca"
Chámase á nai de Rodolfo Mari, cando antes, na páxina madre, chámaselle Carmen. Habería que poñer ou un ou o outro
- Páxina "Matilde"
O fallo é mínimo pero nunha ocasión, dentro da páxina, dise Matilda. Podo cambialo pero non sei se o autor ten un interese por un nome ou por outro.
- Páxina "un despertar mojado"
Hay un link vacío na palabra "historia"
- Páxina "Y le contó la historia de sus padres"
Alí di que os seus pais adoptivos adoptaron a Rodolfo cando tiña 9 anos, no centro de acollida. Pero no principio, na páxina principal do vagabundo, di que o seu pai morreu cando tiña 7, a súa nai cando tiña 9 e que logo foi criado pola parella da nai e nova parella deste. Non sei se fun eu que entendin algo mal, pero ou é unha cousa ou é outra. Ou senón que este no centro de acollida anos máis tarde, polo que sexa, e que alí sexa adoptado.
SUXERENCIA
Dáme a impresión, e isto xa é unha opinión personal, que a historia está algo descentrada. É dicir, dánse explicacións sumarias de moitos personaxes secundarios, que non sabemos se logo van ter relevancia ou non na historia. E creo que se se fai unha explicación de personaxes que ou ben non van ter importancia, ou ben a explicación non vai ter relevancia para a vida de Rodolfo, o que facemos é ralentizar o ritmo da historia. Non sei se me explico. Quero dicir, ó mellor para moitos dos personaxes hai que continuar a historia, e logo van ser relevantes. Senón, creo que todos debemos ter coidado porque o que facemos é que a historia vaia en círculos e non cara adiante. Repito, que isto é só unha impresión e unha suxerencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario