Ola compañeir@s:
Gustaríame traer aquí á bitácora a última película que vin, nun ciclo de cine ó que asisto (na facultade de medicina). Trátase de "Despierto" ( "Awake"), un thriller/drama no que se conta a historia dun mozo multimillonario que ten que someterse a un transplante para solucinar unha grave doenza cardíaca que padece.
O caso é que me chamou a atención a forma na que o director conta a historia. Hai constantes saltos cara adiante a cara atrás no tempo e precisamente eses cambios son os que fan posible contar unha historia que doutro xeito non tería sentido.
Os saltos e as elipses temporais empreganse neste caso para representar o mundo dos soños, do irreal, e chegados a un punto da historia grazas a todos estes saltos e xiros na trama desvelase a realidade que ninguén contaba.
Todos os médicos que o queren operar, en realidade tentan quitarlle a vida en plena operación para quedarse cos seus cartos. Non vos quero desvelar o final, pero creo que é un bo exemplo de produto audiovisual onde precisamente os saltos cara adiante a cara a trás no tempo e as elipses, fan posible que xire a trama de forma vertixinosa, dando como resultado un final pouco menos que espectacular e inesperado.
Espero que vos deixase con ganas de vela a tod@s os/as que non a vistes.
Apertas.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
Mostrando entradas con la etiqueta pelicula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pelicula. Mostrar todas las entradas
viernes, 17 de abril de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)