Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta gripe porcina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gripe porcina. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de abril de 2009

A gripe porcina e as redes sociais

Como xa comentamos dabondo neste bitácora, as redes sociais e os wikis teñen cada vez unha maior presenza en Internet. E tamén como xa reiteramos en multitude de ocasións, son ferramentas moi positivas se se empregan ben, e non tan boas, se se fai delas un mal uso.

Nestes últimos días a polémica sobre a gripe porcina chegou á rede. É importante saber ben, onde informarse, porque senón un sempre pode caer en informacións que carecen de sentido. O certo é que plataformas como Google maps, ou redes sociais como Twitter proporcionan unha situación actualizada e real de cómo está a situación a nivel mundial.

Por curiosidade déixovos un enlace para ler a noticia de cómo este tipo de redes abordan a rede porcina ( a noticia atopeina en Antena 3 noticias )

Google Maps, Twitter e a gripe porcina

E se desexades ver o mapa que fixo google cos países afectados pola gripe porcina, pinchade aquí.


Un saúdo compañeir@s ! Bo comezo de semana ! Vémonos o xoves.

Apertas.