En relación con que comenta Carolina na entrada anterior sobre a fiabilidade da Wikipedia, hai unha semana escasa xurdía unha polémica na rede da que se fixeron eco os informativos de Telecinco entroutros cibermedios. O caso ten que ver coa nova ministra de cultura González-Sinde, coa wikipedia, cos dereitos de autor e coa Moncloa.
Segundo denunciaron varios bloggers, a biografía oficial sobre González-Sinde proporcionada polo Goberno parécese demasiado á biografía que existe na Wikipedia sobre a nova ministra. Ó parecer ademais -segundo denuncian estes bloggers- a biografía foi facilitada polo Goberno sen citar a fonte.
Non está claro claro aínda se foi o Goberno quen copiou da Wikipedia, ou se pola contra a biografía oficial de González-Sinde foi filtrada antes e publicada na Wikipedia. O caso é que este feito non quedou ausente de polémica e todos aqueles cibernautas inimigos declarados desta nova ministra (que segundo din quere poñer man dura sobre o pirateo e as redes P2P) denunciaron o caso nos seus blogs e nos medios.
A continuación un extracto do que di un deles, Bilbao-Limerick (seudónimo):
"no deja de ser irónico que el perfil de la 'Ministra del Copyright' esté copiado de la Wikipedia, infringiendo además su licencia de publicación al no citar a sus autores"
Infrinxíranse ou non os dereitos de autor da Wikipedia, o que queda claro e que os pasos desta nova ministra, Ángeles González-Sinde, están sendo seguidos moi de cerca pola rede e os internautas.
¿Qué pensades deste feito?
Podedes ver a noticia en:
Xornal de Galicia
El Correo Gallego
La Vanguardia
Informativos Telecinco
El Semanal Digital
Saúdos.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos autor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos autor. Mostrar todas las entradas
miércoles, 22 de abril de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)