viernes, 3 de julio de 2009

Medo a internet







Sabemos que as vantaxes da Rede aínda non chegan a todas as partes do mundo e que moitos países están emperrados en impedir que a súa xente poida mostrar a realidade do lugar no que vive. Despois dos últimos acontecementos en Irán, onde semella que os resultados das eleccións non convenceron a todo o mundo, recordei unha serie de fotomontaxes divulgadas pola Sociedade Internacional dos Dereitos Humanos (ISHR).
Internet converteuse nos últimos anos nun arma de defensa que moitos gobernos censuran e temen. Este medo á liberdade de expresión e información fai que, como pasou hai unhas semanas en Irán, reduzan o ancho de banda para evitar que saian imaxes cara outros países.
A campaña resultou un pouco polémica; de feito realizaron as fotomontaxes con tres presidentes: con Mahmud Ahmadineyad (Irán), Raúl Castro (Cuba) e Hugo Chávez (Venezuela), pero acabaron retirando á do presidente venezolano pola polémica suscitada.
Se as súas sociedades son tan democráticas como din, por que teñen medo a internet?

1 comentario:

  1. Despois de ler a túa entrada, paréceme interesante relacionar o tema do medo a Internet coa sociedade da información do sociólogo Manuel Castells. Nunha das súas investigacións o autor mostra que Internet non favorece ó aillamento, como moitos creen, senón que as persoas que máis chatean son as máis sociables. Con respecto ó tema do medo a Internet, Castells di que Internet é un instrumento de libertade e de autonomía, cando o poder sempre se basou no control das persoas, mediante o de información e comunicación. Pero a Rede non se pode controlar. Manuel Castells define unha nova sociedade-rede na que todo está articulado de forma transversal e hai menos control das institucións tradicionais. Internet permítenos acceder a toda a información, aumenta así a incertidume, pero ó mesmo tempo é un instrumento clave para a autonomía das persoas. Asimesmo, canto máis controla unha persoa a súa vida, menos se fía das institucións. Por último, destaco tamén a idea do autor de que hai un desfase enorme entre a capacidade tecnolóxica e a cultura política. O problema pode ser que o sistema político non está aberto á participación , ó diálogo constante cos cidadáns, á cultura da autonomía, e, por tanto, estas tecnoloxías o que fan é distanciar todavía máis a política da cidadanía.
    Polo tanto, sí que existe ese medo, xa que "o poder ten medo de Internet".

    ResponderEliminar