miércoles, 8 de julio de 2009

Inconvenientes do hipertexto

Moito se ten falado do hipertexto. Non é preciso sinalar unha vez máis as súas vantaxes, posto que ademais de seren evidentes, xa foron sinaladas neste blog.
Coma todo na vida, o hipertexto tamén posúe inconvenientes que se non se coidan, poden acabar por "disimular" as súas características positivas.
Buscando en Internet atopei un artigo no que se sinalan as dúas desvantaxes principais sinaladas por Conklin que pode traer consigo este tipo de narración non lineal. Hai que ter en conta que a miña fonte é un blog personal, pero eu estou de acordo co que nel se formula.
En primeiro lugar atópase a desorientación do usuario que, non sei vós, pero eu sufrina máis dunha vez. Hai ocasións nas que o exceso de enlaces fai que perdas completamente o fío do texto principal.
Como segunda característica negativa, cómpre ter en conta o "desbordamento cognoscitivo"; é dicir,"a dificultade do usuario en adaptarse á sobrecarga mental derivada do grande número de operacións ou de simples consultas de partes de informacións diversas e contextualmente heteroxéneas posibles nun curto período de tempo".
A pregunta que eu formulo é se considerades que teñen máis potencial de estropear un hipertexto estas dúas características negativas que as positivas de favorecelo.
A miña opinión é que o intento de facer un hipertexto moi completo pódenos facer caer na sobreabundancia de información e, polo tanto, a desorientación do usuario.
Fonte: Blog de Tatiana Hernández

1 comentario:

  1. Estou completamente dacordo cos dous puntos que sinalas como desvantaxes do hipertexto. Polo que respecta a pregunta de se pesan máis estas cuestións negativas ou todo o positivo que aporta o hipertexto, creo que o ideal sería un término medio. É dicir, hai que ter en conta tanto o positivo como o negativo pero tamén dependendo do caso. O importante sempre é lograr que o usuario se mova libremente pola información e sen dificultades.
    Pero non debemos esquecer o que xa comentas da sobrecarga mental derivada do gran número de operacións que ás veces temos que facer. Demasiada información pode desorientar ó usuario e perder a pista da súa posición dentro do documento, como algunha vez me ten pasado.

    ResponderEliminar