"El cine ha muerto. Murió cuando se inventó el mando a distancia. Hay que subirse a la ola de la revolución digital para reinventar el modo de contar historias con imágenes. ¿Quién coño quiere estar sentado en una sala oscura mirando a una pantalla fija como un pasmarote?"
Son palabras do cineasta gales Peter Greenaway que dirixiu en 1998 unha película que se convirtu case nunha obra de culto: El cocinero, el ladrón, su mujer y su amante (1989) e El diario íntimo (The pillow book, 1996), que é francamente interesante e presenta moitos guiños cara novas formas de narración fílmica, lonxe de convencionalismos e aberta a experimentos pluridimensionais.
As opinións do autor están publicadas en Público (2 maio de 2009)
http://www.publico.es/culturas/222835/internet/cine
Peter Greenaway y su regreso al cine narrativo y sigue polemizando sobre la muerte del cine (6 maio 2009)
http://www.publico.es/culturas/118970/peter/greenaway/regreso/cine/narrativo
Os puntos de vista do director tamén serven como referencias ós cambios no rol de autor e nas novas dimensións do concepto de autoría.
A cultura participativa surde fronte ó espectador mediático pasivo. Productores e consumidores non teñen roles separados. Son participantes que interaccionan baixo novas regras. Hai organizacións e consumidores con máis posibilidades ca outros de participar nesta cultura emerxente, claro, pero o certo é que apareen outras maneiras de comportamento, outras maneiras de ver, outras maneiras de interpretar, outras maneiras de revisar e engadir novas perspectivas de pensamento e de análise. Todo esta dimensión significa ampliar as bases cognitivas dos individuos. Pierre Lévy, teórico francés, fala de "intelixencia colectiva" que plantexa como compartir e combinar os coñecementos individuais para construir unha comunidad conectada e de intercambio de ideas. Unha persoa non pode sabelo todo nin ter acceso a todo un cúmulo de informacións e datos, pero a converxencia ou a posta en común de ideas facilita a expasión de axudas, colaboracións, interconectividades e a horizonatilidade da participación dos usuarios, dacordo cos seus intereses, as súas posibilidades, as súas necesidades e os seus saberes.
En Henry Jenkins: Convergence Cultura. La cultura de la conergencia de los medios de comunicación, Barcelona, Paidós, 2008.
O libro de Jenkins é interesante pola revisión de determinadas pautas que se están a realizar no entorno cinematográfico en Estados Unidos. Fai unha análise da industria cultural, da converxencia e do que chama insestintemente cultura transmédiatica, que algo así como as posibilidades do hipertexto. Apunta que non quere falar da converxencia como paradigma tecnolóxico, aínda que se non fose pola tecnoloxía a intelixencia colectia ou as comunidades interactivas e participativas non terían o desenvolemento que teñen nen se poderían analizar como se está facendo. En todo caso, a dimensión da converxencia intenta fixala na industria, no usuario e nos productos, e fala de formatos televisivos e de películas actuais de Hollywood que marcan certos cambios nas relacións da industria e na búsqueda de novos mercados. Fai guiños a un proceso de interculturalidade ou multiculturalidade (ou como queirades chamar) que está máis preto do ámbito económico que do social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario