1. ir a páxina de navegación
2. pulsar en History e buscar a última páxina completa, con todas as entradas feitas
3. pulsar en revert to this version
4. aparece unha pantalla na que engadides un comentario (páxina navegación recuperada, ou o que queirades).
5. pulsar en Revert e xa estaría recuperada a páxina
Tendes que ter coidado por sí hai entradas novas despois da desaparición para recuperalas (o que fago é copiar a páxina de navegación maltrecha e logo engado os enlaces que faltan. Seguro que hai outras solucións)
Cando estades no apartado de History (ten a mesma función que nos programas de fotografía ou de ilustración) aparecen 2 cores: verde, que sinala o que se engade e o vermello que nos di o que borramos. Tende coidado, evidentemente, co vermello, aínda que borra pero non elimina os traballos feitos.
- Non vexo como asociar as entradas escritas cos autores, agás que se revise Recent Changes e ir anotando cada nome de arquivo realizado por cada persoa. Tampouco serve a opción de Search, que é útil para a recuperación de páxinas. O que se me ocurre é facer unha páxina na que cada autor vaia colocando os nomes dos fragmentos que escribiu, pero utilizando a identidade que ten no wiki.
- Para visualizar cada entrada e saber que outros autores interviron na mesma, hai que abrir a páxina correspondiente, pulsar en history e aquí aparecen as identidades que traballaron na entrada e se pulsades en cada data pódese comprobar as modificacións, se as houbo. A cor verde identifica o que se incorporou e a cor vermella identifica o que se borrou (repetimos).
- repetimos: no wiki, utilicemos o apartado discussion só nas páxinas de portada, navegación e personajes. Pero claro hai que revisalas por si se suben avisos, así como tamén a bitácora. A frase "non me enterei" non serve como excusa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario