miércoles, 1 de abril de 2009

Pechou o buscador 'Wikia Search'


Dende hoxe temos un buscador menos en Internet. O fundador da wikipedia e presidente de Wikia, pechou o buscador 'Wikia Search'. Este buscador anunciado a comezos do 2008, pretendía ser unha seria competencia para Google.

Como principal novidade permitía facer búsquedas basadas fundamentalmente nos criterios e ordes de busca que lle daban os seus usuarios. Deste xeito configurábase un buscador a medida das necesidades do usuario, tendo en conta os seus parámetros de búsqueda.

Malia o novidoso do proxecto non acabou de ter éxito, e agora coa crise económica que afecta á coxuntura económica mundial 'Wikia" decidiu pechalo. A compañía estase centrando noutros proxectos como, as wikianswers, a comunidade de xogos e a de entretemento.

Non sei cal sería o verdadeiro motivo do fracaso deste novo buscador. O caso é que penso que fomentaba moito máis se cabe a interactividade co usuario, e non estaba tan 'mercantilizado' como o líder mundial das búsquedas en internet, Google.

Este último ten uns criterios de busca que responden máis ben, dende o meu punto de vista, a intereses económicos e comerciais, e non ofrece ó usuario tanta capacidade para orientar as búsquedas segundo as potenciais necesidades dos seus usuarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario