Xa están formados os comités de redacción que empezaran inmediatamente a traballar
1º grupo: Alba Blanco, Paula Bouzas, Adrián Candal, Julia Castro, Marta Fernández, Andrea García, Inés Gómez.
2º grupo: Alba Gorgojo, Elena Gradín, Tania Iglesias, Alicia Lombán, Cristina López, Marta López.
3º grupo: Estefanía Losada, Lucía Martínez, Laura Martínez, Clara Morgade, Vanessa Munín, Rosa Perera.
4º grupo: Silvia Pérez, Ana Pérez, Carolina Piñeiro, Yolanda Quintas, Anna Rosenfeld, Óscar Veloso, Antía Ballesteros.
Desenvolvemento do traballo
Excepcionalmente, a primeira revisión correrá a cargo dos dous primeiros grupos porque así poden revisar con calma e rigor todo o traballo que levades feito. Eses dous primeiros grupos
- revisarán todo o material do wiki ata as 24 horas do domingo día 12.
- o luns, día 13, na hora de clase (como referencia temporal) os responsables da revisión subirán as correccións á bitácora, explicando os criterios que estableceron para facer o exame dos textos.
- Desde o momento de colocar as revisións ata o xoves, as persoas afectadas polas correccións deberán responsabilizarse das mesmas e resolver as cuestións que plantexaron os comités de redacción. Se os aludidos non están conformes coas propostas, terán que explicar neste tempo os seus puntos de vista para alcanzar un acordo entre as posturas presentadas polos comités e o autor do fragmento.
- o xoves na hora de clase (como referencia temporal) os comités de redacción modificarán todas aquelas correccións que non se fixeron ou as que non se respostou convenientemente. Ó final, os comités son soberanos e totalmente responsables fronte ó silencio.
O terceiro grupo revisará os traballos feitos entre as 24 horas do luns ata as 24 horas do domingo siguiente (do 13 ó 19 de abril). O luns (20) se suben as correccións e o xoves se suben as correccións que non están feitas polos autores afectados.
O cuarto grupo revisará os traballos feitos entre o 20 e o 26, seguindo o mesmo método explicado no párrafo anterior.
E xa só o primeiro grupo empezará a responsabilidade correctora a semana do 27 de abril ó 3 de maio, co mesmo procedemento.
E así sucesivamente ata que rematemos o cuadrimestre. Tendes que estar pendientes do grupo que sodes e de cando vos toca, do que fixeron os outros grupos e de ir modificando e/ou ampliando os criterios de correccións dacordo a como se desenvolva o proceso de traballo e sempre pensando na calidade do que estades a facer.
- Xa que a clase é presencial e non presencial, en semana santa podedes escribir un pouco, vos permite contar as vosas aventuras nas vacacións. Tamén é unha forma de diversión. Isto é un obxectivo moi, moi loable.
- Tería que ser obrigatorio e una responsabilidade estar sempre ó día do que se vai escribindo para actualizar enlaces, para ampliar as tramas, para buscar un relato laberíntico pero ó mesmo tempo intenso, coherente, ramificado, multidimensional, multilineal, hipermedia (pensade no uso doutras linguaxes non só en texto e imaxe fixa, seguro que se vos ocurren milleiros de posibilidades).
- Insisto, ide creando para participar no concurso de microrrelatos de Televisión Española. Non esquezades ese obxectivo.
Boas vacacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario