miércoles, 8 de abril de 2009

As cofradías e a relixión tamén en 'wiki'

Ola compañeir@s ! Hoxe navegando por internet topeime con esta noticia e non me puiden resistir a comentala aquí no blog.

O caso é que en plenas vacacións de semana santa, coas cofradías relixiosas funcionando a pleno rendemento (jaja), as procesións, e os milleiros de devotos que teñen este tipo de celebracións, sobre todo en Andalucía, xurdiu un novo proxecto na rede ( aínda que xa existía dende hai un par de anos, este ano, consolidouse como unha referencia no eido da relixión )

WIKANDA


Trátase dun 'wiki', a modo de enciclopedia virtual de Andalucía centrada na semana santa, na relixión e nas comunidades de cofrades. Qué curioso, non ! Polo de agora xa ten máis de 5.300 referencias á semana santa andaluza.

Se entrades poderedes atopar multitude de informacións relacionadas con esta semana: dende cómo se elaboran os produtos gastronómicos típicos da semana santa en Andalucía, ata cales son as virxes máis veneradas, curiosidades das comunidades de cofrades...etc...

Bueno polo de agora van por unhas 5.300 entradas, pero se alguén lle controla no tema, a participar ! :)

jaja

Ben, se queredes consultar a noticia podédelo facer tamén aquí.


Nada máis, que pasedes unha boa semana santa, ou mellor dito, do que queda dela.

Apertas.







6 comentarios:

  1. Ola Óscar! Pois sí que é curiosa a noticia que atopaches da Wikanda, aínda que raro xa non nos pode parecer que exista un wiki para a Semana Santa andaluza, xa que unha das posibilidades do wiki é esa: estar aberto a calquera temática. Polo que lin a idea do proxecto é xerar, basándose no concepto wiki, a maior fonte de contidos sobre o saber popular de Andalucía. E que mellor maneira de coñecer as costumes, os pobos e as cidades, a arte e a historia, que desde o punto de vista dos propios andaluces ou persoas que teñan coñecementos sobre o tema. A idea parece que tivo éxito, polo número de entradas que xa van publicadas. E outras Comunidades seguro que se van sumar ó proxecto, se non o fixeron xa.

    ResponderEliminar
  2. Si, bueno, cómpre dicir, que non só está enfocada á semana santa, en xeral a todo o que ten que ver coa cultura popular andaluza, pero durante esta semana santa adquiriu moito protagonismo, por ser o único sitio web, onde se recolle o sentir xeral das cofradías e todo ese sentimento relixioso que supoño que haberá en Andalucía estes días...

    Como ben dis Tania, a verdade e que os 'wikis' están abertos a tódalas temáticas, como elemento de creación colectiva de contidos.

    ResponderEliminar
  3. La verdad es que esto de los wikis se presta a los frikismos, (en el mejor sentido de la palabra). Quiero decir que se convierten en mini guetos en los que la gente puede comunicarse y centrarse en temas que les interesan, y es interesante saber que eso llega a todas partes, también a las más devotas xD.

    ResponderEliminar
  4. Pues la verdad si que me acabas de dejar blanca..no me imaginaba que el fervor religioso llegase a tanto. pero bueno, mirando desde el lado bueno, me parece una idea genial para dar a conocer las tradiciones, costumbres y detalles que más destacan de la cultura andaluza por la red. Seguro que tiene mucho éxito entre los turista y además, me parece una muy buena idea de promocionarse.

    ResponderEliminar
  5. Visto dalgún xeito este avance tecnolóxico tamén podería supór un avance ideolóxico das correntes máis fervorosas da relixión.
    Bromas aparte, concordo con Marta en que os wikis favorecen o peche temático de certos "guetos" que acaban condicionando a súa vida arredor dun foro ou dunha páxina web.
    Os wikis teñen un amplo número de vantaxes, pero como todo, os abusos son perigosos e unha excesiva atención a un en concreto acaba por fragmentar e desvirtuar a complexidade do mundo real.
    En canto a esta páxina en concreto, supoño que sería máis interesante abrir portas e non centrarse só nas celebracións relixiosas andaluzas. É perfectamente respetable intentar dar a coñecer unha cultura ó mundo a través de Internet, pero a un tempo, deixándose influenciar por outras.

    ResponderEliminar
  6. A verdade é que xa era o que faltaba, pero como ben dí Tania esto é o embrollo da wiki, que cabe calquera temática. A verdade é que me parece acertado por parte das procesións modernizarse neste ámbito e facilitar a información. Ademais deste xeito, aínda que pot só mera curiosidade, moita máis xente se informará das procesións e tódolos seus embrollos

    ResponderEliminar