1. Faltan as correccións desta semana. Se recoñecen as dificultades da tamaña ponte, pero, por favor, o comité de redacción que faga un esforciño que aplaudiremos.
2. Lembrade que ademais da ficción tendes que acompañar a imaxinación e creación cun apartado teórico sobre a narración hipertextual, hipermedia e interactiva. Algunhas persoas xa foron aportando enderezos e os oportunos comentarios sobre as propostas, pero non recibiron respostas. Este apartado tendes que cubrilo e debatir as propostas teóricas. Tendes que revisar, ademais, o material que entreguei ao comezo das clases e comentalo. Forma parte do traballo. A bitácora non pode ser só un espazo onde falar do argumento e da creación de personaxes. É un espazo de discusión sobre a viabilidade e o interés do hipertexto como un elemento axeitado para contar, narrar, relatar, asociar, conectar, comunicar, etc.
3. Estades facendo un traballo de creatividade moi, moi interesante, por iso é importante que releades o que escribides para evitar erros tontos, repeticións innecesarias, uso de pronomes mal colocados ou a súa inclusión cando non son imprescindibles para o relato. Pensade que non imos ler tal como aparecen os enlaces, así que nas entradas hai que incorporar seguramente o nome da personaxe ou algunha referencia que permita comprender cada unha na súa individualidade. Cando dividimos unha entrada longa, hai que releer se se entenden por sí mesma, sen pensar que se vai ler a anterior ou posterior de xeito secuencial. Evitade, tamén, cursilerías, non aportan nada e son influencias moitas veces das películas noñas de sesión de tarde ou dese cinema familiar tan característico del hollywood, agás que utilicedes cun tratamento irónico ou burlesco.
4. É necesario que teñades unha visión xeral do que ides escribindo todos. Daí a relevancia de que enlacedes cada entrada tres, catro ou cinco veces con outras partes do relato. Hai entradas que só teñen un ou dous enlaces. Non sirven. Hai que buscar máis asociacion e conexión con outras entradas. Non se trata de relatos individuais. É un traballo colectivo no que todos e todas tendes as mesmas responsabilidades: crear en conxunto, debatir en conxunto, aportar ideas sobre narrativa hipertextual en conxunto.
Deixo os seguintes enderezos. Son de alumnos de doutoramento.
http://hypertaste.blogspot.com/
http://caixadepapeles.blogspot.com/
http://javier-ramos.blogspot.com/
http://oscarhipertext.blogspot.com/
http://peregrinoroberta.blogspot.com/
grazas. mol
No hay comentarios:
Publicar un comentario