Imaxino que xa coñecedes esa nova forma de construcción de mensaxes, o denominado microblogging, que puxo en marcha a marca estadounidense Twitter e da que tamén xa hai réplica en español. ¿Cal é a vosa opinión sobre esta estructura de texto, desas mensaxes curtas, que non superan os 140 ou 144 caracteres e que se poden enviar desde o ordenador, móvil ou mensaxería instantánea? ¿Pódese xogar coa ficción? ¿qué supón a cada vez máis evidente tendencia á fragmentación para á información, para contar calquera tipo de historia?
- Tento en conta que a bitácora perdeu unha parte do seu significado e se convirtiu nun sinfín de entradas nas que só se apunta que situación ou personaxe se acaba de crear no wiki. Era un espazo de debate sobre a narración, -texto-, e o hipertexto e poucas aportacións se incluiron e o debate desapareceu da proliferación de mensaxes curtas en relación á wikinovela.
- Revisade con atención as correccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario