Tanto Mundos Interactivos como Ausencias son, na miña opinión, bos exemplos do que vén sendo a web 2.0 -interactividade, proxectos cooperativos, comunidade, etc.-. Déixovos aquí dúas suxestións que poden ser, un deles, un bo exemplo de web 2.0. A outra, un bo guieiro pola mesma. A saber:
- Chuza!: Portal galego de novas sociais. Os usuarios envían as súas noticias, e as chuzadas -votos- dos membros da comunidade son os que xerarquizan a información. Inclúe ademais un wiki, unha especie de chat, etc. Un bo exemplo de web 2.0.
- Periodistas 21: Blog do xornalista Juan Varela, todo un experto no tema. Exemplos prácticos, recomendacións e reflexións sobre a web 2.0.
No hay comentarios:
Publicar un comentario