Para tentar unir aos personaxes, estamos creando unha historia na que o psicólogo coñece o caso do mariñeiro. Todo ocorre cando o psicólogo e Anabel van de viaxe á Costa da Morte. Alí conviven nunha casa rural coa dona, Amelia, unha veciña moi querida (da que xa se falara con aterioridade) de Elvira. Tanto Anabel como o ex mozo fanse moi amigos de Amelia. Cando Elvira está desesperada pola enfermidade do seu marido, fala con Amelia que, para tentar axudala, dálle o teléfono do psicólogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario